"Disfrutemos de ser un ninguén"

O público que asistiu no Café Moderno de Pontevedra a presentación de Memorias dun ninguén tivo ocasión de coñecer de primeira man a filosofía de vida, e tamén a retranca, que deron pe a este libro, definido polo propio como "biografía novelada". O acto foi presentado por Xaime Toxo, presidente do Ateneo de Pontevedra. Interviu […]

Sae do prelo a primeira antoloxía en inglés da literatura galega

Nos vindeiros días chegará ás librerías o volume 'Anthology of Galician Literature' preparada por Jonathan Dunne e que recolle en edición bilingüe obras que van dende o século XII ata o ano 1981, datas para nada casuais pois abarcan dende o primeiro documento en galego que se conserva ata o Estatuto de Autonomía. O libro […]

Para que todo o mundo poida comer ben

Onte, nas instalacións da Casa do Libro de Vigo, a cociñeira Emma Cavallé presentou o seu libro 'Que fácil é cociñar sen lactosa. 84 receitas para alérxicos ás proteínas do leite e con intolerancia á lactosa'. Nunha sala chea de amigos e público interesado, e despois da presentación realizada polo editor Francisco Castro, tomou a […]

UN LONGO E TORTUOSO CAMIÑO

A presentación será mañá xoves, ás 20.00 h, na Biblioteca Ánxel Casal, e contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Luís Díaz, delegado xeral de Galicia de Gas Natural Fenosa, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e membro do xurado do premio, Antón Baamonde, profesor de filosofía e ensaísta, […]

Presentado o II Concurso de Fotografía sobre Lactación Materna

A Casa do Libro de Vigo acolleu a rolda de prensa de presentación do II Concurso Fotográfico sobre Lactación Materna FEDEGALMA 2010, un certame aberto á participación de todos os interesados e que este ano leva por lema "Pen con pel no mundo". Ademais da Federación Galega de Apoio á Lactación Materna, colaboran no certame […]

Que facer diante do poder

Nestes días chega ás librerías de todo o pais a obra 'Catro pezas' da dramaturga Caryl Churchill. Concretamente, as obras 'O sétimo ceo', 'Mozas de primeira', 'Lonxe' e 'De serie'. Dalgunha maneira, hai un fío condutor importante entre todas elas, e son as ganas de reflexionar arredor do poder, os seus mecanismos e o lugar […]

Presentación de PRISCILIANO NA CULTURA GALEGA

Mañá martes, Victorino Pérez Prieto presenta o seu ensaio Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario. Estará acompañado neste acto por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Daniel López Muñoz, sociólogo, e o escritor Manuel Rivas. No libro, o investigador actualiza a figura e, sobre todo, o símbolo de Prisciliano, tan presente dende sempre […]

Premios para Murado, Forcadela e Barros

Esta fin de semana foi especialmente xenerosa no que a galardóns literarios se refire para os autores da Editorial Galaxia. Por unha banda, o escritor Miguel Anxo Murado recibía o Premio Frei Martín Sarmiento pola súa obra 'Fin de século en Palestina'. Este é un galardón certamente especial para calquera escritor na medida en que […]