Sae do prelo a primeira antoloxía en inglés da literatura galega

Categoría: Nova

Nos vindeiros días chegará ás librerías o volume 'Anthology of Galician Literature' preparada por Jonathan Dunne e que recolle en edición bilingüe obras que van dende o século XII ata o ano 1981, datas para nada casuais pois abarcan dende o primeiro documento en galego que se conserva ata o Estatuto de Autonomía. O libro será presentado o vindeiro día 5 pola Consellería de Cultura e os editores do libro.
Literatura de tradición oral, literatura dramática, ensaio, poesía e narrativa de ficción son os xéneros neste volume recollido e que servirá de carta de presentación da literatura de nós diante do mundo anglosaxón.

Comparte nas túas redes sociais ou por email