Mañá martes, Victorino Pérez Prieto presenta o seu ensaio Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario.
Estará acompañado neste acto por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Daniel López Muñoz, sociólogo, e o escritor Manuel Rivas.
No libro, o investigador actualiza a figura e, sobre todo, o símbolo de Prisciliano, tan presente dende sempre na nosa cultura e, a día de hoxe, aínda esencial para entendérmonos mellor quen somos.