Que facer diante do poder

Categoría: Nova

Nestes días chega ás librerías de todo o pais a obra 'Catro pezas' da dramaturga Caryl Churchill. Concretamente, as obras 'O sétimo ceo', 'Mozas de primeira', 'Lonxe' e 'De serie'.

Dalgunha maneira, hai un fío condutor importante entre todas elas, e son as ganas de reflexionar arredor do poder, os seus mecanismos e o lugar do individuo fronte del.
Ante todo, textos críticos que amosan a riqueza infinita dunha das dramaturgas contemporáneas máis importantes da actualidade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email