Presentación de O FUTURO É POSIBLE na Coruña

O expresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, presentará as súas memorias políticas, tituladas O FUTURO É POSIBLE. O autor estará acompañado polo exdeputado e analista político Anxo Guerreiro e polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Emilio Perez Touriño (A Coruña, 1948) reúne en arredor de 450 páxinas semblanzas e documentos da súa experiencia […]

Pombas e música para don Paco

Dentro dos moitos actos que neste 2013 se celebran en toda Galicia, este sábado, na Alameda de Vigo, fronte á estatua de Méndez Núñez, convócase a toda a cidadanía a participar nun acto de homenaxe a Francisco Fernández del Riego no que, ademais das intervencións de distintas personalidades, actuará o grupo A Roda e a […]

Pombas e música no Centenario de Francisco Fernández del Riego

Ó acto celebrado na Praza de Compostela, onde viviu os últimos anos da súa vida, acudiron moi diversas persoas que quixeron render un merecido tributo a un traballador infatigable. Diversas persoalidades quixderon render tributo a Paco del Riego, entre outros, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, o catedrático emérito, Alonso Montero, […]

CUNQUEIRO ARTICULISTA EN GALEGO

Neste libro recompílanse, por primeira vez, os artigos publicados antes da Guerra Civil en revistas como Vallibria e Nós e no xornal El Pueblo Gallego, amais dos publicados durante a posguerra en Nordés ou Grial, entre outras cabeceiras nas que tamén se inclúe A Nosa Terra. A carón deste, e tamén con edición a cargo de […]

Nova edición para 'Laura no deserto'

Estes días está chegando ás librerías de todo o país unha nova edición da novela de Antón Riveiro Coello, 'Laura no deserto', que coñece, así, a súa terceira impresión. A pesar de que saiu no ano 2011, a novela segue a turrar do interese de novos lectores e lectoras que acuden ás librerías a mercar […]

Unha fin de semana con Rosalía de Castro

Como todos os 24 de febreiro, en toda Galicia sucederanse os actos de homenaxe arredor da nosa figura literaria fundacional, a poeta Rosalía de Castro, no día que escollemos no País para homenaxeala. Sen embargo, este ano, a celebración é máis importante pois neste 2013 cúmprense 150 anos da publicación na cidade de Vigo de […]

Galaxia Tales chegou a Cuba

O escritor cubano Joel Franz Rosell, autor de 'Así comezaron as aventuras de Rosa dos Ventos e Xan Pericán', un dos contos interactivos que forman parte do proxecto Galaxia Tales, presentouno en La Habana hai uns días no marco da Feira do "IX Encontro de Literatura Infantil e xuvenil" da Feira do Libro da Habana. […]