Ó acto celebrado na Praza de Compostela, onde viviu os últimos anos da súa vida, acudiron moi diversas persoas que quixeron render un merecido tributo a un traballador infatigable.
Diversas persoalidades quixderon render tributo a Paco del Riego, entre outros, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, o catedrático emérito, Alonso Montero, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o fiscal superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela, o presidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta ou o presidente da Fundación Lois Peña Novo, Xosé González. Este último valorou a constancia, a lealdade e a dignidade de Del Riego.
As emotivas palabras da súa irmá Ana María, a interpretación da canción "A miña burriña" por parte da agrupación A Roda e a solta de cen pombas pola Fundación Colombófila de Galicia, fixeron que o acto fose máis entrañable e simbólico.
No noso blogue deixamos ligazóns a distintas reseñas de prensa do acto para que poidas informarte máis polo miúdo.