Pombas e música para don Paco

Categoría: Nova

Dentro dos moitos actos que neste 2013 se celebran en toda Galicia, este sábado, na Alameda de Vigo, fronte á estatua de Méndez Núñez, convócase a toda a cidadanía a participar nun acto de homenaxe a Francisco Fernández del Riego no que, ademais das intervencións de distintas personalidades, actuará o grupo A Roda e a Federación Colombófila Galega soltará, na súa memoria, 100 pombras mensaxeiras.
Pombas e música para un home imprescindible na nosa historia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email