Presentación do libro XEÓRXICAS DO PAN de RAMÓN OTERO PEDRAYO

Categoría: Nova

Este venres, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2. Vigo), ás 19:00, presentarase o libro XEÓRXICAS DO PAN, de Ramón Otero Pedrayo.

Intervirán Francisco Domínguez (Director da Fundación Penzol), Manuel Forcadela e Silvia Penas do Equipo de Investigación da Universidade de Vigo, Víctor F. Freixanes, Director de Editorial Galaxia, Ernesto Pedrosa (Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo) e Alfonso Zulueta de Haz, Presidente da Fundación Penzol.

UN LIBRO IMPRESCINDIBLE PARA ENTENDER A TRADICIÓN LÍRICA CONTEMPORÁNEA

Hai moitísimos documentos de Ramón Otero Pedrayo depositados na Fundación Penzol, entre outros, tres versións diferentes do poema, ‘Xeórxicas do pan’. Eses textos, tanto pola súa extensión como pola súa altura literaria confirman a Otero como un dos grandes poetas do seu tempo.
Estes días tiramos do prelo, na Biblioteca Otero Pedrayo, este libro, en edición de Silvia Penas, estas ‘Xeórxicas do pan’ nunha edición promovida pola Fundación Penzol e patrocinada polo Consello Social da Universidade de Vigo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email