Concerto de Mamá Cabra en Vigo

Este luns, ás 18.30 no salón de Ámbito Cultural do Corte Inglés de Vigo, na pranta segunda, o grupo de música infantil Mamá Cabra, ofrecerá un concerto co gallo do Día das Letras Galegas. A actividade está pensada para nenos e nenas ata os sete anos e cómpre recoller o convite no Departamento de Relacións […]

Presentouse 'Rosalía Pequeniña'

Este luns presentouse no restaurante O Dezaseis de Santiago, o novo libro-disco de Uxía, 'Rosalía Pequeniña'. No acto, a cantante estivo acompañada de Magín Blanco, autor dun dos temas e do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Entre o público, tamén estaba presente Marina Seoane, a autora das ilustracións. A cantante de Mos reivindicou […]

A Fundación Penzol recibiu o Maio de Cor de Vigo

Como todos os anos, a Asociación de Veciños do Casco Vello celebrou a representación, con música e dramatización incluída, concertos, obradoiros e pasarrúas, dos Maios. E como todos os anos, aproveitou para distinguir a asociacións e persoas do barrio que destacasen por algunha cuestión en particular. O Maio de Cor, a máis alta distinción da […]

Cristina Pato, Premio Trasalba 2013

O Premio Trasalba, que outorga anualmente a Fundación Otero Pedrayo, foi na súa XXXI edición para Cristina Pato. A Xunta de Goberno da entidade facía público esta mañá o seu acordo de recoñecer "a súa proxección internacional, a súa condición de representante dunha nova xeración de artistas comprometidos coa difusión da nosa cultura polo mundo […]

Galaxia na Feira do Libro de Lugo

Mañá xoves será un día especialmente activo para a nosa editorial na Feira do Libro de Lugo, pois teremos dúas novidades que presentar. Por unha banda, ás 19 horas, presentaremos o libro DE RODA EN RODA. MÚSICAS E DANZAS DO MUNDO de Suso Cancelas, Javier Jurado e Pilar Sampil. No acto participarán Emilio Mesías, Profesor […]

O tuiteiro Paulo Calvo gaña o noso concurso #rosaliasempreporque

Como anunciamos hai dez días, cando botamos a andar este novo concurso en twitter, hoxe, véspera do Día das Letras, habiamos dar a coñecer o nome do gañador ou gañadora do concurso en twitter no que se animaba aos tuiteiros e tuiteiras a explicar o por que da importancia de Rosalía para eles, para as […]

No Día das Letras Galegas

O 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Que teñen que estar canda nós non só na festividade, case coma un ritual, senón a diario. Porque se hai algo que nos singulariza, que fai que nós sexamos Nós é, como Castelao explicou, o idioma. Somos galegos porque temos lingua propia. E se perdemos […]