'A máscara de Ulises', de Xosé Carlos Caneiro, Libro do Mes

Xa está activa na nosa web, a descarga de balde do relato de Xosé Carlos Caneiro, presente no seu novo libro 'A máscara de Ulises', "A última memoria de Oliverio Twist'. Os internautas poderán descargar dende o banner que chamamos 'O libro do mes', este relato completamente de balde que serve así como mostra do […]
#rosaliasempreporque

Despois do éxito de participación do noso anterior concurso en twitter arredor de 'O Principiño' botamos a andar un novo concurso na rede de microblogging, desta volta, para conmemorar os 150 anos de 'Cantares Gallegos' de Rosalía de Castro que celebramos neste 2013. Como na vez anterior, todos os tuiteiros están convidados a enviar os […]
'Vou ter un irmán!!!' premio Frei Martín Sarmiento

Este mércores, no colexio La Salle de Santiago, fixéronse públicos os gañadores da IX Edición do Premio Frei Martín Sarmiento, na categoría de 1º e 2º de Educación Primaria, resultando premiado o libro 'Vou ter un irmán!!!' de María Solar e Xosé Tomás. Estamos diante dun dos galardóns máis importantes do sistema literario galego polo […]
Entrega do Maio de Cor á Fundación Penzol

Este está a ser un ano importante para a Fundación Penzol. No ano do seu medio século de existencia, recibe recoñecementos en todo o país e, nomeadamente, na cidade de Vigo, onde sempre estivo a súa sede dende hai 50 anos. E así, desgta volta, será a protagonista da XXXI Representación dos Maios, que terá […]
Concerto de Mamá Cabra en Vigo

Este luns, ás 18.30 no salón de Ámbito Cultural do Corte Inglés de Vigo, na pranta segunda, o grupo de música infantil Mamá Cabra, ofrecerá un concerto co gallo do Día das Letras Galegas. A actividade está pensada para nenos e nenas ata os sete anos e cómpre recoller o convite no Departamento de Relacións […]
Galaxia na Feira do Libro de Lugo

Mañá xoves será un día especialmente activo para a nosa editorial na Feira do Libro de Lugo, pois teremos dúas novidades que presentar. Por unha banda, ás 19 horas, presentaremos o libro DE RODA EN RODA. MÚSICAS E DANZAS DO MUNDO de Suso Cancelas, Javier Jurado e Pilar Sampil. No acto participarán Emilio Mesías, Profesor […]
O tuiteiro Paulo Calvo gaña o noso concurso #rosaliasempreporque

Como anunciamos hai dez días, cando botamos a andar este novo concurso en twitter, hoxe, véspera do Día das Letras, habiamos dar a coñecer o nome do gañador ou gañadora do concurso en twitter no que se animaba aos tuiteiros e tuiteiras a explicar o por que da importancia de Rosalía para eles, para as […]
No Día das Letras Galegas

O 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Que teñen que estar canda nós non só na festividade, case coma un ritual, senón a diario. Porque se hai algo que nos singulariza, que fai que nós sexamos Nós é, como Castelao explicou, o idioma. Somos galegos porque temos lingua propia. E se perdemos […]