'A máscara de Ulises', de Xosé Carlos Caneiro, Libro do Mes

Categoría: Nova

Xa está activa na nosa web, a descarga de balde do relato de Xosé Carlos Caneiro, presente no seu novo libro 'A máscara de Ulises', "A última memoria de Oliverio Twist'. Os internautas poderán descargar dende o banner que chamamos 'O libro do mes', este relato completamente de balde que serve así como mostra do novo libro de Xosé Carlos Caneiro e que antologa, por vez primeira, algúns dos seus traballos breves completos.
A sección 'O libro do mes' é unha iniciativa da Editorial Galaxia para permitir a lectura de balde de parte dalgunhas das súas obras que se publican como novidades. Un xeito diferente de permitir o acceso ás obras que saen do prelo e que se achegan, así, dun xeito directo a todas e a todos os que sintan curiosidade por un novo libro, neste caso, o novo de Caneiro, nesta antoloxía de relatos que nos permiten viaxar pola obra do de Verín ao longo dos anos da súa vizosa traxectoria.

Comparte nas túas redes sociais ou por email