Descuberta dunha placa conmemorativa na Casa Galega da Cultura de Vigo en honra á Fundación Penzol

Categoría: Nova

Se hai algo máis dunha semana a Fundación Penzol recibía o Maio de Cor de mans dos veciños e veciñas do Casco Vello de Vigo, desta volta é o Concello da cidade olívica quen rende homenaxe á Fundación Penzol, que neste 2013 cumpre medio século de existencia. A homenaxe esténdese tamén á figura de quen foi o seu director durante algo máis de corenta anos, Francisco Fernández del Riego.
A praca será descuberta polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e polo presidente da Fundación, Alfonso Zulueta de Haz oo vindeiro martes ás 19 horas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email