Entrega do Maio de Cor á Fundación Penzol

Categoría: Nova

Este está a ser un ano importante para a Fundación Penzol. No ano do seu medio século de existencia, recibe recoñecementos en todo o país e, nomeadamente, na cidade de Vigo, onde sempre estivo a súa sede dende hai 50 anos.
E así, desgta volta, será a protagonista da XXXI Representación dos Maios, que terá lugar o vindeiro domingo, 12 de maio, ás 18.00 horas na praza da Constitución de Vigo.
Neste acto faráselle entrega do Maio de Cor á Fundación Penzol, no cincuentenario da súa fundación e o centenario do nacemento do que fora o seu fundador e primeiro director, don Francisco Fernández del Riego.
O mes de maio é o mes das flores.
Que non lle falten, as máis fermosas, á Fundación Penzol.

Comparte nas túas redes sociais ou por email