'Vou ter un irmán!!!' premio Frei Martín Sarmiento

Categoría: Nova

Este mércores, no colexio La Salle de Santiago, fixéronse públicos os gañadores da IX Edición do Premio Frei Martín Sarmiento, na categoría de 1º e 2º de Educación Primaria, resultando premiado o libro 'Vou ter un irmán!!!' de María Solar e Xosé Tomás.
Estamos diante dun dos galardóns máis importantes do sistema literario galego polo singular do mesmo, xa que, a diferenza doutros moitos, neste certame son os propios escolares galegos, non un xurado adulto, senón os destinatarios da obra, os que deciden cal libro é o que lles gusta máis de todos os publicados recentemente. Por iso, é un dos máis cobizados polos autores e autoras de Galicia.
Dende a familia de Galaxia amosamos o noso orgullo e alegría por este merecido premio ao tempo que agradecemos o talento de María Solar para agasallarnos esta historia, e a delicadeza de Xosé Tomás á hora de o ilustrar.
Un día de celebración na nosa casa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email