Mañá xoves será un día especialmente activo para a nosa editorial na Feira do Libro de Lugo, pois teremos dúas novidades que presentar.
Por unha banda, ás 19 horas, presentaremos o libro DE RODA EN RODA. MÚSICAS E DANZAS DO MUNDO de Suso Cancelas, Javier Jurado e Pilar Sampil.
No acto participarán Emilio Mesías, Profesor do Conservatorio Superior de Danza de Lugo, Javier Jurado e Pilar Sampil, coautores do libro, e o editor Francisco Castro.
Logo, unha hora máis tarde, será a quenda de AS LAMBETADAS DE LARPEIROS, nun acto no que participarán a autora, Merchi Rodal, o director do progrma 'Larpeiros' da TVG, Xosé Cermeño, e o editor Francisco Castro.
Libros para bailar e tirarlle o lado máis divertido á vida. Libros para cociñar as sobremesas máis dóces da vida.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR