Cristina Pato, Premio Trasalba 2013

Categoría: Nova

O Premio Trasalba, que outorga anualmente a Fundación Otero Pedrayo, foi na súa XXXI edición para Cristina Pato.
A Xunta de Goberno da entidade facía público esta mañá o seu acordo de recoñecer "a súa proxección internacional, a súa condición de representante dunha nova xeración de artistas comprometidos coa difusión da nosa cultura polo mundo e a calidade obxectiva da súa actividade artística e profesional" da gaiteira e pianista.
A entrega celebrarase o vindeiro 30 de xuño xomo é tradición, na Festa Literaria de Trasalba, na Casa Grande de Cimadevila (Amoeiro). O arquiveiro e ensaista Pablo Sánchez Ferro encargarase da laudatio da galardoada e con posterioridade a Fundación editará un libro sobre o premio ao que se incorporará un CD con composicións de Cristina Pato.

Comparte nas túas redes sociais ou por email