Descuberta dunha placa conmemorativa na Casa Galega da Cultura de Vigo en honra á Fundación Penzol

Se hai algo máis dunha semana a Fundación Penzol recibía o Maio de Cor de mans dos veciños e veciñas do Casco Vello de Vigo, desta volta é o Concello da cidade olívica quen rende homenaxe á Fundación Penzol, que neste 2013 cumpre medio século de existencia. A homenaxe esténdese tamén á figura de quen […]
Rosalía

Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man. Mais os […]
Coloquio entre Francisco Fernández Naval e Antón Riveiro Coello en Santiago

O venres 3 de maio, ás 20.00, na Feira do Libro de Santiago, desenvolverase o acto titulado 'A noite no deserto. Un diálogo sobre a novela e a construción da memoria', con Francisco X. Fernández Naval , autor de 'A noite branca', publicado por Edicións Xerais de Galicia e Antón Riveiro Coello, autor de 'Laura […]
Galaxia na Feira do Libro de Buenos Aires

Primeiro no Centro Galicia e na Fundaciòn Galicia América, que mantén o Colexio Apostol Santiago, onde máis de 500 rapaces e rapazas reciben estudos regulares de lingua e literatura galegas, historia e tradicións de Galicia, dende a escola infantil ao bacharelato. Despois, no Instituto Arxentino de Cultura Galega, que dende hai anos xestiona, xunto coa […]
Encontros profesionais sobre a edición en Buenos Aires

"A editora dos galegos no mundo". Así queremos subtitular MAR MAIOR, unha nova liña editorial que iniciará os seus pasos a partir do ano 2014 e que se presentará inicialmente en Buenos Aires, "porque durante case tres décadas a cidade de Buenos Aires foi a capital cultural dos galegos no mundo", segundo palabras de Víctor […]
Presentación de 'Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño' en Santiago

Este mércores, ás 20 horas, presentaremos, dentro dos actos da Feira do Libro de Santiago, o libro de Montse Pena Presas, que inclúe un DVD de Gonzalo Enríquez Veloso, 'Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño'. No acto participara o editor Francisco Castro canda os autores do […]
Inaugurouse a mostra que conmemora o 50 aniversario da Fundación Penzol

O pasado venres inaugurouse na Fundación Penzol, na Casa Galega da Cultura de Vigo, a mostra ‘Fermín Penzol. Unha obra para un país’, que é posible grazas a colaboración entre a Xunta de Galicia, o Concello de Vigo e a propia Fundación, e que celebra os 50 aniversario da constitución e da inauguración da Fundación […]
Begoña Caamaño recibe o Premio Losada Diéguez

'Morgana en Esmelle' de Begoña Caamaño recibe, nun prazo dun mes, tres dos premios máis importantes do sistema literario galego, concretamente o Premio da Edición, o Premio da Crítica, e, este sábado, o Losada Diéguez no apartado de non-ficción. Segundo figura na acta, o xurado decidiu premiar a novela 'Morgana en Esmelle' 'pola súa orixinalidade […]