Mamá Cabra, finalista dos Premios Galegos da Música

Xa se coñecen os finalistas dos Premios Galegos da Música Martín Códax que pretenden galardoar aos mellores músicos e discos dos publicados no noso país. Na convocatoria deste ano, Mamá Cabra, que o ano pasado publicaron con nós 'Bicos de música' atópase entre os finalistas na categoría de Música Infantil canda Magín Blanco (por 'A […]

'Rosalía pequeniña' en Carnota

A cantante Uxía achegarálle a obra de Rosalía de Castro aos máis pequenos no 150º aniversario da publicación da súa obra Cantares gallegos nun concerto con entrada libre e de balde. A ritmo de muiñeira, de blues ou de rock os nenos gozarán coas súas familias dun concerto divertido de alta calidade artística e aprenderán […]

Editorial Galaxia publica unha obra de Ana María Machado

Esta semana irá chegando ás librerías de todo o país unha obra que é moi importante para nós, pois é de Ana María Machado, un dos grandes nomes da literatura infantil e xuvenil do mundo e que agora, por fin, tamén está en galego. Publicamos 'Bisa, Bea, Bisa, Bel', en tradución de Ramón Nicolás e […]

Xa podes votar nos Premios Galegos da Música

Xa está aberto o prazo para votar aos mellores produtos musicais do panorama galego. A editorial Galaxia conta con catro traballos entre os candidatos a recibir algún dos galardóns nas diferentes categorías. Concretamente, 'María Fumaça' e 'Rosalía pequeniña' de Uxía, 'Na lingua que eu falo' de Najla Shami e 'Bicos de música' de Mamá Cabra […]

Lembranza do nomeamento de Francisco Fernández del Riego como Fillo Predilecto de Lourenzá

Vilanova de Lourenzá acollerá este sábado, día 2 de novembro, dous actos para lembrar o nomeamento de Francisco Fernández del Riego como fillo predilecto do concello. Na xornada inaugurarase unha exposición e haberá unha charla coloquio sobre o escritor laurentino. As actividades previstas para o vindeiro sábado están incluídas dentro da programación deste ano dedicado […]

Novas edicións para Cunqueiro

O público de Álvaro Cunqueiro é, ademais dun lectorado fiel, un público que medra xeración tras xeración. Mais é normal: é ben difícil escapar do fermoso influxo e da beleza sostida nas páxinas soñadas polo señor de Mondoñedo. Iso explica que decote teñamos que reimprimir as súas obras, que se esgotan no mercado das librerías, […]

Segunda edición para 'Bágoa de lúa'

No mes de xullo a Editorial Galaxia publicaba o primeiro tomo da triloxía 'As crónicas de Landereina' de Sabela González e titulada 'Bágoa de lúa'. A pesar de ser o verán comercialmente unha época menor en vendas, este libro de debut da autora, enmarcado no xénero da Literatura Fantástica, conseguiu esgatar a súa primeira edición […]

Terceira edición para María Fumaça

Estes días vai chegando á estación das librerías de Galicia e terceira edición de 'María Fumaça', un libro-disco-DVD, inspirado por Ruí e que concentrou a boa parte dos mellores músicos e interpretes deste país arredor dun proxecto de celebración da vida. Deben de ser moi poucos pequechos galegos os que non saiban como sigue esa […]