'Rosalía pequeniña' en Carnota

Categoría: Nova

A cantante Uxía achegarálle a obra de Rosalía de Castro aos máis pequenos no 150º aniversario da publicación da súa obra Cantares gallegos nun concerto con entrada libre e de balde.
A ritmo de muiñeira, de blues ou de rock os nenos gozarán coas súas familias dun concerto divertido de alta calidade artística e aprenderán cancións en galego para cantaren xuntos… "Maio longo", "Como chove miudiño", "Has de cantar", "Paseniño", "Miña santiña, miña santasa" ou "Alborada" son algúns dos poemas rosalianos que poderán escoitarse neste concerto inserido dentro da programación de FalaRedes que organiza a SXPL.

Comparte nas túas redes sociais ou por email