Editorial Galaxia publica unha obra de Ana María Machado

Categoría: Nova

Esta semana irá chegando ás librerías de todo o país unha obra que é moi importante para nós, pois é de Ana María Machado, un dos grandes nomes da literatura infantil e xuvenil do mundo e que agora, por fin, tamén está en galego. Publicamos 'Bisa, Bea, Bisa, Bel', en tradución de Ramón Nicolás e ilustrado por Almudena Aparicio.
A obra, que no Brasil leva vendidos catro millóns de exemplares, sae na nosa colección Árbore 10 anos, e preséntanos unha tenra historia de amor entre unha neta e a súa bisavoa. Unha desas hitorias doces que nos fan entender que a vida é un lugar marabilloso. Un libro moi divertido que trata, tamén, dunha nena moi especial e que estamos certos de que vai engailar a un feixe importante de nenos e nenas de Galicia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email