Xa podes votar nos Premios Galegos da Música

Categoría: Nova

Xa está aberto o prazo para votar aos mellores produtos musicais do panorama galego. A editorial Galaxia conta con catro traballos entre os candidatos a recibir algún dos galardóns nas diferentes categorías.
Concretamente, 'María Fumaça' e 'Rosalía pequeniña' de Uxía, 'Na lingua que eu falo' de Najla Shami e 'Bicos de música' de Mamá Cabra aspiran a facerse merecentes dos favores do público nesta votación que agora se inicia e na que, se queres participar, debes seguir as instruccións que se detallan na ligazón á dereita destas páxinas e así formar parte, co teu voto, da decisión que sairá da primeira rolda de votacións para escoller aos finalistas. O prazo remata o 10 de novembro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email