O público de Álvaro Cunqueiro é, ademais dun lectorado fiel, un público que medra xeración tras xeración. Mais é normal: é ben difícil escapar do fermoso influxo e da beleza sostida nas páxinas soñadas polo señor de Mondoñedo.
Iso explica que decote teñamos que reimprimir as súas obras, que se esgotan no mercado das librerías, que sempre demandan máis destas páxinas nacidas dunha das capacidades fabulatrices mellor dotadas que nunca dera a nosa terra.
Así pois, estes días chega ás librerías de todo o país, o Teatro Galego Completo (1932-1968) reunidos baixo do título xeral de 'Don Hamlet e outras pezas', ao tempo que ese clásico inmorrente que é 'As crónicas do Sochantre', ambas as dúas publicadas dentro da Bilbioteca Álvaro Cunqueiro.