Os amigos de Buenos Aires visitan Galaxia

Volven a casa despois de catorce días en Galicia. Catorce días intensos, nos que percorreron o país e visitaron algunhas das institucións máis significativas da nosa cultura: dende a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega á Fundación Rosalía de Castro ou a casa de Ramón Otero Pedrayo en Trasalba, a Insua dos […]

A Editorial Galaxia anuncia a publicación en galego do Ulises de Joyce

A Editorial Galaxia vai publicar neste derradeiro trimestre o Ulises de James Joyce. Durante oito anos, un equipo de tradutores composto por Eva Almazán, María Alonso Seisdedos, Xavier Queipo e Antón Vialle, traballaron, coordinados por Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, na versión en lingua galega dunha das grandes obras da narrativa contemporánea. Estamos […]

Xa podes ver 'Camiño Branco' o novo vídeo de Najla Shami

O pasado venres presentabamos en Compostela, no espazo Miramemira, o novo vídeo de Najla Shami, 'Camiño Branco', un dos temas presentes no seu libro-disco 'Na lingua que eu falo'. Xa podes descargalo da nosa canle de youtube na ligazón á dereita destas liñas. FICHA TÉCNICA Dirección e guión | Márcio-André Estudio | Miramemira Cámara | […]

Najla Shami presentou o seu novo vídeo 'Camiño Branco'

O pasado venres, no espazo Miramemira de Compostela, e acompañada do editor Francisco Castro, a cantante Najla Shami presentou nun acto para os medios de comunicación e o público, o seu novo vídeo, 'Camiño Branco' dirixido polo artista brasileiro Márcio-André. En días vindeiros subiremos á nosa canle de youtube o traballo, fermoso e sorprendente. Hoxe, […]

ESCOLARES ARXENTINOS NA FUNDACIÓN OTERO PEDRAYO

O pasado venres, un grupo de vinte e tres estudantes e profesores do Instituto de Educación Santiago Apostol, -escola galega mantidas polos emigantes e administración galega en Buenos Aires e punto de encontro educativo de todas as asociacións da colectividade- visitaron varios puntos de Ourense. Despois de percorrer a cidade, achegáronse a Trasalba, sobre as […]

Faladoiro arredor da presentación de GRIAL 198

Afrontaremos a situación. Pero nada volverá ser como antes. Naturalmente, tampouco para Galicia e a cultura galega, que non é unha illa nin está soa no mundo. A globalización é unha realidade histórica e non existen solucións locais, nin a luz da saída do túnel se albisca próxima. Ramón Villares, Xosé Carlos Arias e Víctor […]

Najla Shami presenta o seu novo videoclip "Camiño Branco" en Santiago

Najla Shami presenta o vindeiro venres 11 de outubro, no espazo Miramemira (Rúa do Home Santo 45) un novo videoclip que fai parte de "Na lingua que eu falo", a máis recente publicación da compositora galego-palestina. O libro-disco adicado a Rosalía de Castro ven de ser publicado este verán pola editorial Galaxia. No acto participarán […]

Xa nas librerías 'Acordes náufragos', o novo libro de Antón Riveiro Coello

Libro de retatos, fantásticos os máis deles, enfiados pola traxedia do naufraxio e tocados case sempre pola vea amorosa e sentimental dos seus protagonistas. Textos que evocan e recrean non só feitos históricos, coma o afundimento do vapor correo Santa Isabel na ría de Arousa en 1921, senón tamén lendas do río Limia, o amor […]