Najla Shami presentou o seu novo vídeo 'Camiño Branco'

Categoría: Nova

O pasado venres, no espazo Miramemira de Compostela, e acompañada do editor Francisco Castro, a cantante Najla Shami presentou nun acto para os medios de comunicación e o público, o seu novo vídeo, 'Camiño Branco' dirixido polo artista brasileiro Márcio-André.
En días vindeiros subiremos á nosa canle de youtube o traballo, fermoso e sorprendente. Hoxe, no noso blogue, deixamos unha ampla mostra fotográfica dunha xornada de música e imaxes poéticas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email