Mamá Cabra, finalista dos Premios Galegos da Música

Categoría: Nova

Xa se coñecen os finalistas dos Premios Galegos da Música Martín Códax que pretenden galardoar aos mellores músicos e discos dos publicados no noso país. Na convocatoria deste ano, Mamá Cabra, que o ano pasado publicaron con nós 'Bicos de música' atópase entre os finalistas na categoría de Música Infantil canda Magín Blanco (por 'A nena e o grilo nun barquiño') e Pablo Díaz e a Banda Tic Tac.
Agora comeza a conta atrás para a gala de entrega dos I REMIOS GALEGOS DA MÚSICA que se celebrará o 13 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Comparte nas túas redes sociais ou por email