Elena Poniatowska, Premio Cervantes 2013

Hoxe martes coñecimos a boa nova de que a escritora mexicana Elena Poniatowska, de quen Galaxia publicou en 2009 a súa obra 'A filla do filósofo', fora recoñecida co prestixioso Premio Cervantes, un recoñecemento que concede cada ano o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e que está dotado con 125.000 euros. O ministro de […]

Mamá Cabra, finalista dos Premios Galegos da Música

Xa se coñecen os finalistas dos Premios Galegos da Música Martín Códax que pretenden galardoar aos mellores músicos e discos dos publicados no noso país. Na convocatoria deste ano, Mamá Cabra, que o ano pasado publicaron con nós 'Bicos de música' atópase entre os finalistas na categoría de Música Infantil canda Magín Blanco (por 'A […]

Entrega da Medalla de Ouro de Galicia á Fundación Penzol

O martes 19 de novembro, a Fundación Penzol recibirá a Medalla de Ouro de Galicia nunha cerimonia na Cidade da Cultura. O acto dará comezo ás 18.40 h e será o presidente da Xunta de Galicia o encargado de lle entregar o galardón ao Presidente da Fundación Penzol, D. Alfonso Zulueta de Haz. A distinción […]

Presentación de 'O corazón da Branca de Neve' en Vigo

O escritor Francisco Castro presentará a súa nova novela, 'O corazón da Branca de Neve' o 12 de novembro, ás 20 horas, na Casa do Libro de Vigo. Estará acompañado polo director xeral de Galaxia, o escritor Víctor F. Freixanes, e o crítico literario Ramón Nicolás. Esta é unha novela policial e de suspense que […]

XXV Aniversario do Premio de Novela Manuel García Barros

O sábado celebrase unha xornada centrada nos 25 anos dun dos premios máis importantes do noso país, como é o García Barros de Novela e cuxas obras gañadoras edita Galaxia. Co gallo desta celebración desenvolverase un programa de actos que deixamos aquí. Programa: 12.00 horas: Recepción de autoridades e invitados. Fotocall. Apertura con pezas musicais […]

Francisco Domínguez explicou a dixitalización dos documentos da Penzol

Onte celebrouse, como todos os anos, o Simposium da Asociación Galega de Editores, desta volta centrado no futuro das bibliotecas na contorna dixital. Unha morea de expertos debullaron as súas experiencias e reflexións arredor da cuestión, neste instante de cambio de paradigma, tamén, para as bibliotecas, que teñen que enfrontarse ao reto da dixitalización e […]

Francisco Fernández del Riego. Camiño (ben) andado

No ano do seu Centenario, siguen sucedéndose os actos arredor da figura e da obra de Francisco Fernández del Riego. Desta volta será unha mesa redonda en Noia. Participarán: Mª Dolores Cabrera, padroeira da Fundación Penzol. Presentación e coordinación. Francisco Domínguez, director da Fundación Penzol. Relatorio: Francisco Fernández del Riego e a Penzol e outras […]

PRESENTACIÓN DE 'BÍCAME FRANK' no Grove

O escritor Miguel Anxo Fernández continúa coa súa xeira de presentacións da súa última novela por todo o país, 'Bícame Frank'. Desta volta estará na Grove e acompñado por Carlos Álvarez e Dunia Álvarez. Frank Soutelo continúa en Galicia e agora está indignado. Todo comeza co roubo do manuscrito de "Vento mareiro", de Cabanillas, e […]