Presentación do número 199 da revista GRIAL na Coruña

Este xoves presentarase o novo número da Revista GRIAL, dedicada no seu tema central á mellora da capacidade forestal galega. Participarán no acto Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e codirector de GRIAL, Fernando González Laxe, presidente da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié, Alberte Piñeiro, voceiro da Asociación e Ana José Varela, directora […]

A Editorial Galaxia, editorial colaboradora no Máster en Álbum Infantil Ilustrado

Este ano, vencellado a IlustraTour, a cita máis importante relacionada co mundo da Ilustración no Estado Español, bota a andar o programa académico do Máster en Álbum Infantil Ilustrado e no que colaboran case que trinta editoriais do Estado Español. A Editorial Galaxia é a única editorial galega que participa neste interesante proxecto que ten […]

Aos contos con María Solar en Betanzos

A escritora e xornalista María Solar manterá un encontro cos lectores e lectoras dos seus libros nunha actividade de animación titulada 'Da verdadeira historia da mosca da tele ás meigas de Lupa, pasando por un cento de historias'. Sen dúbida, unha boa ocasión para gozar dunha tarde diferente arredor da literatura coa creadora do libro, […]

Najla Shami presentou 'Na lingua que eu falo' en Foz

O pasado xoves, a cantante Najla Shami presentou o seu novo libro-disco, 'Na lingua que eu falo', dedicado a Rosalía de Castro, acomapañada de Xurxo Nóvoa Martíns, prologuista da obra, e de Arturo Ponte, da Editorial Galaxia. Na ligazón á dereita destas páxinas deixámosvos a fotogalería do acto celebrado na Libería Bahía e que colgaron […]

Ignacio Vilar e Galaxia levan ao cine "A Esmorga" de Blanco Amor

O director de cine, Ignacio Vilar, e a Editorial Galaxia traballan para levar á pantalla cinematográfica a emblemática obra do escritor galego Eduardo Blanco Amor, "A Esmorga", unha das obras máis vendidas e representativas da historia da literatura galega. A rodaxe comezará este mesmo mes de novembro de 2013, e prolongarase ata finais de marzo, […]

'De roda en roda' en Vilagarcía

O vindeiro sábado 9 de novembro terá lugar un Encontro de irmandade entre a Asociación Monteira, de Vigo, e a Asociación Pesdebarro, de Vilagarcía, para compartir o pracer de bailar xuntos danzas tradicionais do mundo. O encontro será no Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa. Comezará ás 11 cun obradoiro das danzas que forman parte do […]

Presentación de 'Na lingua que eu falo' de Najla Shami en Foz

Este xoves, na librería Bahía de Foz, a cantante Najla Shami presentará o seu libro-disco 'Na lingua que eu falo'. No acto participarán Xurxo Nóvoa Martíns, poeta e prologuista da obra, Arturo Ponte en representación da Editorial Galaxia, e a cantante Najla Shami, quen interpretará, en formato acústico, algúns dos temas presentes no libro-disco, unha […]

Presentación de 'Cociñar con algas' en Baiona

A cociñeira Eva Crespo Vázquez presentará o seu receitario 'Cociñar con algas', acompañada do editor Francisco Castro, dentro do programa 'Descubre o mundo das algas' que se vai desenvolver entre o 1 e o 10 de novembro en Baiona. Neste libro. A cociñeira Eva Crespo ofrécenos 80 completas receitas nas que as algas achegan un […]