A cociñeira Eva Crespo Vázquez presentará o seu receitario 'Cociñar con algas', acompañada do editor Francisco Castro, dentro do programa 'Descubre o mundo das algas' que se vai desenvolver entre o 1 e o 10 de novembro en Baiona.
Neste libro. A cociñeira Eva Crespo ofrécenos 80 completas receitas nas que as algas achegan un toque especial para conseguir un resultado exquisito.
Coas receitas que aparecen neste libro descubriremos as virtudes da "Cociña Atlántica" a partir de pratos moi variados e sinxelos. Un mollo de propostas culinarias nas que o sabor e a saúde van da man e nas que se reivindica un produto galego cada día máis usado nas mellores cociñas do mundo.