Xavier Castro P. é catedrático de E. U. de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Impartiu docencia na Université de Rennes e na École des Hautes Ètudes en Sciences Sociaux, de París. Comisario de exposicións, tradutor e conferenciante, foi subdirector da revista Grial e asesor histórico de series da TVG: As leis de Celavella, A casa de 1906 e Lobos e cordeiros. É membro da comisión científica da Fundación Dieta Atlántica. Salienta a publicación da súa tese de doutoramento O galeguismo na encrucillada republicana (Deputación de Ourense, 1985, mención de honra do Premio Otero Pedrayo, 1983) e do libro Castelao e os galeguistas do interior. Cartas e documentos 1943-1954 (Galaxia, 2000). Considerado un relevante especialista en historia social, da alimentación, a gastronomía e o viño en Galicia, polas súas publicacións: A lume manso; Ayunos y yantares (Premio Nacional de Gastronomía); A la sombra ejemplar de los parrales; A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia; A mesa e manteis (Premio Gourmand World Awards) e Yantares gallegos. Historia de la dieta atlántica. Tamén recibiu o premio Picadillo do Fó-rum Gastronómico (2015).