
Antonio Piñeiro (Santa Uxía de Ribeira, 1962) é autor de preto dunha vintena de títulos. Dende o verán de 2004, é o promotor das edicións Bourel, á vez que membro do movemento Barbantia, eixes sobre os que desenvolve a súa presenza cultural e literaria.
No ano 2008 publicou Lampreas e pesqueiras. Historia, artes de pesca e receitario (Galaxia), en 2015 A identidade fascinada (Galaxia). No ano 2011 obtivo o Premio Avilés de Taramancos coa novela A dama fulxente e o Premio García Barros de Novela con As fiandeiras (Galaxia). En 2017 obtivo o Premio Torrente Ballester coa novela A través do fume e dous anos despois participaría no volume colectivo O libro dos trens (Galaxia).
En 2026 publicou en coautoría o libro O salmón do Ulla.