Estás aquí:

Código: 498

A través do Fume

15,50  IVE INCLUIDO
Premio Torrente Ballester 2017
Nina diríxese ao aeroporto flamengo de Zaventem para recoller o voo de regreso a Santiago. Vai pensando nos motivos que a levaron ata alí. Unha fervenza de sensacións e emocións asolágaa: maletas, viaxeiros, altofalantes, rótulos publicitarios e rostros que se confunden con outros rostros a través do fume doutra viaxe. A viaxe interior, a viaxe do tempo. Coa linguaxe da evocación e da invocación, António Piñeiro tece nesta novela as revoltas das lembranzas no pensamento dunha muller. Memorias, desexos e devezos na febra dunha corrente de consciencia que describe sutilmente, parágrafo a parágrafo, os recullos dunha época e o misterio dunha historia de amor definitiva. Co pano de fondo da emigración galega a Europa, ese retorno vai acabar sendo o retorno da protagonista a si mesma, un regreso ás vivencias e enigmas do pasado. A relación cos pais, as promesas incumpridas, os soños desgastados, os amores difíciles levan a novela a un final insólito. A través das sensacións, dos retrincos de imaxes, dos momentos, recendos e sons inesquecibles, aparece a potencia literaria dunha obra que, desde o abraio, deixa ao descuberto a historia oculta, íntima e dolorosa, dun drama persoal e colectivo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 128
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 374
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-188-5
Observacións:

AUTORES/AS

Piñeiro , Antonio
antoni

ANTONIO PIÑEIRO (Santa Uxía de Ribeira, 1962) publicou a novela As fiandeiras, coa que obtivo o Premio García Barros en 2011. É autor de preto dunha vintena de títulos. Dende o verán de 2004, é o promotor das edicións Bourel, á vez que membro do movemento Barbantia, eixes sobre os que desenvolve a súa presenza cultural e literaria. A súa novela A dama fulxente foi Premio Avilés de Taramancos en 2011, co relato Boxcar Blues acadou o accesit do Premio Modesto R. Figueiredo e, con A carreta, o Premio Valle Inclán de narración curta.

As súas obras

A través do Fume
a-traves-do-fume
15.50€ CON IVE
As fiandeiras
fiand
15.50€ CON IVE
A identidade fascinada
A identidade fascinada
16.45€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.45€ CON IVE
900
900
21.20€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
23.50€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
18.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
13.95€ CON IVE
A boneca de Blanco Amor
A boneca de Blanco Amor
16.45€ CON IVE