Segunda edición de A identidade fascinada, de Antonio Piñeiro

Categoría: Nova

Chega ás librarías a segunda edición de A identidade fascinada, de Antonio Piñeiro. Unha novela híbrida, un ensaio novelado ou unha crónica ensaística dunha época irrepetible, que é tamén memoria dos lugares, das persoas, personaxes e significados dun tempo incomparable: o da Compostela universitaria e sublime dos anos oitenta. Un libro moi especial que acadou un grande éxito entre os lectores e lectoras galegas, o que provocou a súa reimpresión só uns meses despois do seu lanzamento.

Comparte nas túas redes sociais ou por email