"A cantar con María Fumaça" é o título do espectáculo que pechará, este domingo, o Festival das Núbebes 2015. Actuarán no Teatro Principal ás 19 horas. O custe da entrada é de 3 euros.
O Festival das Núbebes, de artes escénicas para bebés e familia encherá de actividades diferentes lugares da cidade de Pontevedra. O obxectivo é fermoso e sinxelo: ser o punto de encontro no que os nenos e nenas, pais e nais, avos/as… poidan aprender xuntos, compartir experiencias e gozar dun tempo de lecer en familia.
Para un proxecto tan fermoso non pode haber mellor peche que unha actuación de María Fumaça.