Estás aquí:

Código: 450

A maleta de Victoria Kent

24,60 € IVE INCLUIDO
Tres días despois do comezo da rebelión militar no Protectorado de Marrocos, Liberto, un obreiro anarquista comprometido coa loita sindical, intégrase na columna de mineiros que intenta parar o golpe de estado en Galicia.
Ante o fracaso desta desesperada acción, só lle quedarán dúas saídas para salvar a vida: entobarse entre os outeiros da serra ou fuxir nun dos vapores que saen do peirao de Vigo cara a Buenos Aires. A inesperada aparición dunhas cartas, que descobren unha historia de amor oculta, condicionará o seu destino. Así é o argumento desta novela que destaca pola precisión da súa trama, a destreza amosada na descripción dos personaxes e o retrato que se realiza dunha época marcada pola violencia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 432
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 12/01/2015
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-537-7
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

AgraFoxo, Xerardo
XERARDO_AgraFoxo-01

Xerardo AgraFoxo (Noia, 1952) é profesor e doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e leva escritos máis de vinte libros de investigación histórica, entre eles os tres volumes de A Guerra Civil en Lousame e Noia, amais do libro Memorias do franquismo (A época do wolfram en Lousame. A corporación de Noia en Meirás) (2002). No ano 2006, seguindo coa súa tarefa de historiar a vida do seu concello, publicou os volumes Crónicas dunha democracia (A transición política en Noia. Os dous mandatos de Díaz Fornas) e A revolta nacionalista (A Noia de Pastor Alonso. O goberno de Bieito González). Dous libros que tiveron continuación cando saíu, en 2008, o derradeiro volume desta triloxía: Noia no cambio de século. No ano 2007 publicou Biografía de María Mariño e María Mariño: retrato dunha vida. Como narrador, no ano 2003 deu ao prelo o libro de relatos O triángulo de Óscar Wilde, un periplo narrativo por varios personaxes e autores da literatura e a arte universal escrito desde a convicción de que a ficción pode axudar a clarexar os matices da historia real. No ano 2004, obtivo o Premio García Barros coa novela Unha viaxe no Ford T e posteriormente vería a luz O violinista de Malá Strana (2008), tamén do xénero novelesco. É tamén autor das novelas A maleta de Victoria Kent (2014), Viaxe a última revolución (2016) e O país sen fronteiras. Trinta días a través do Senegal (2018).

As súas obras

O país sen fronteiras. Trinta días a través do Senegal
o-pais-sen-fronteiras
23.20€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.75€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
28.15€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
17.60€ CON IVE
70º norte
9788411761420
22.55€ CON IVE
900
900
22.60€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
26.10€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
21.40€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
15.90€ CON IVE