Sae do prelo a segunda edición de A maleta de Victoria Kent, a última novela de Xerardo AgraFoxo. Un apaixoante libro que conta a historia de Liberto, un obreiro anarquista comprometido coa loita sindical ao que, co triunfo do golpe militar en Galicia, só lle quedarán dúas saídas para salvar a vida: entobarse entre os outeiros da serra ou fuxir nun dos vapores que saen do peirao de Vigo cara a Buenos Aires. A inesperada aparición dunhas cartas, que descobren unha historia de amor oculta, condicionará o seu destino.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR