Facer Galicia dende un autobús

O pasado venres, a familia Dosil de Pontenafonso e directivos da Editorial Galaxia participaron no acto de presentación dun moderno autobús equipado coa máis alta tecnoloxía e que leva por nome o da Editorial Galaxia. Foi un acto que serviu para bautismar un vehículo de alta gama que demostra como dende a sociedade civil se […]
O PRINCIPIÑO sempre de actualidade

O ano vindeiro moito se vai falar, tamén, de O PRINCIPIÑO, o clásico de Antoine de Saint-Exupèry que tamén está en galego, e dende hai moitas décadas en tradución de Carlos Casares. Por iso dicimos que se vai falar moito desta obra, porque Carlos Casares, autor a quen a RAG dedica o Día das Letras […]
Nova edición para ALÉN DA AVENTURA

Carlos Vila Sexto, hoxe recoñecido escritor galego, e guionista importante a nivel internacional (súa é a exitosa serie LOS MISTERIOS DE LAURA, o produto audiovisual máis vendido internacionalmente na historia da televisión no Estado Español) tiña só 14 anos cando gañou o Premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís. Dende o primeiro momento, foi un éxito, […]
A empresa Autos Dosil S.L. bautiza o seu último autocar de viaxeiros co nome de Edtorial Galaxia

No pazo do Tambre, na Ponte Nafonso, territorio familiar da empresa Autos Dosil S.L., celebrarase mañá, 9 de setembro, ás 12,30 horas, a ceremonia de bautizo do máis avanzado autocar da súa flota de transportes de viaxeiros, que levará o nome de “Editorial Galaxia”. Asistirán, ademais de directivos e representantes do Consello da Administración da […]
‘Bisa Bea, Bisa Bel’, recibiu o Diploma da Lista de Honor de IBBY de 2016

Na ligazón á dereita destas liñas deixamos o vídeo conmemorativo que o IBBY, a primeira institución mundial no referido á Literatura Infantil e Xuvenil, elaborou para deixar constancia dos libros que entraron na última Lista de Honra. A devandita lista recoñece os mellores e máis excelentes traballos de LIX dos dous últimos anos tanto no […]
Presentación da nova novela de Inma López Silva en Bertamiráns

Este xoves, na Cafetería Ferlós de Bertamiráns, nun acto organizado en colaboración coa librería Lenda, manterase un coloquio arredor da nova novela de Inma López Silva, AQUELES DÍAS EN QUE ERAMOS MALAS. A autora estará acompañada pola crítica literaria Dolores Vilavedra, o escritor Manuel Portas e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Na […]
"A imposición do galego"

Nun esclarecedor artigo, a doutora na Universidade de Santiago de Compostela, Marta Gómez Ocampo achégase ao que, sen dúbida, foi unha das creacións máis artificiais e forzadas dun problema que non existía e se conseguiu que existise como é a acusación, por parte de determinadas organizacións, de que o galego estaba “impoñéndose” e, loxicamente, que […]
O alfaiate portugués

En cuestión de moi pouco tempo sairá do prelo un libro formado por catro contos de Xavier Senín titulado ‘O alfaiate portugués’ e que publicamos na nosa colección Literaria. No último número de GRIAL adiantamos un dos relatos que formarán parte dese libro e que podes descargar na ligazón á dereita destas liñas.