Este xoves, na Cafetería Ferlós de Bertamiráns, nun acto organizado en colaboración coa librería Lenda, manterase un coloquio arredor da nova novela de Inma López Silva, AQUELES DÍAS EN QUE ERAMOS MALAS. A autora estará acompañada pola crítica literaria Dolores Vilavedra, o escritor Manuel Portas e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.
Na páxina á dereita destas liñas podes ver o booktráiler da novela.