Nun esclarecedor artigo, a doutora na Universidade de Santiago de Compostela, Marta Gómez Ocampo achégase ao que, sen dúbida, foi unha das creacións máis artificiais e forzadas dun problema que non existía e se conseguiu que existise como é a acusación, por parte de determinadas organizacións, de que o galego estaba “impoñéndose” e, loxicamente, que o castelán estaba a ser discriminado en Galicia.
Asociacións moi belixerantes contra o galego coma Galicia Bilingüe destacaron dun xeito moi activo (e aí siguen) no espallamento desta idea letal.
Na ligazón á dereita destas páxinas podedes descargar o traballo para a súa lectura.