‘Bisa Bea, Bisa Bel’, recibiu o Diploma da Lista de Honor de IBBY de 2016

Categoría: Nova

Na ligazón á dereita destas liñas deixamos o vídeo conmemorativo que o IBBY, a primeira institución mundial no referido á Literatura Infantil e Xuvenil, elaborou para deixar constancia dos libros que entraron na última Lista de Honra. A devandita lista recoñece os mellores e máis excelentes traballos de LIX dos dous últimos anos tanto no eido da creación como da ilustración ou tradución.
Nesta categoría, a de tradución, a feita polo escritor e crítico literario Ramón Nicolás, o libro de Ana María Machado ‘Bisa Bea, Bisa Bel’ recibiu tan alto galardón.
Moi felices na familia da Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email