Nova edición para ALÉN DA AVENTURA

Categoría: Nova

Carlos Vila Sexto, hoxe recoñecido escritor galego, e guionista importante a nivel internacional (súa é a exitosa serie LOS MISTERIOS DE LAURA, o produto audiovisual máis vendido internacionalmente na historia da televisión no Estado Español) tiña só 14 anos cando gañou o Premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís.
Dende o primeiro momento, foi un éxito, publicada na nosa Editorial.
Tantos anos despois, reactualizámola e pasa a formar parte da colección Árbore 10 anos onde, estamos seguros, o éxito vai seguir.
Naceu na Coruña en 1977, aínda que a súa vida familiar está moi ligada á cidade de Ourense, onde transcurriu boa parte da súa infancia e adolescencia. Lector e escritor precoz, deuse a coñecer aos catorce anos cando publicou a súa primeira obra, Alén da aventura (1992), gañadora do certame de novela xuvenil “Rúa Nova”. Un ano máis tarde deu ao prelo Gárgola, tamén na colección Costa Oeste, e outro exemplo do tipo de novela que a Carlos Vila Sexto lle gusta contar: historias ben construídas nas que o medo, o terror ou o suspense fan que o lector non poida deixar de ler. En 1995 publicou Cara a fin da luz, abrindo un período no que se volcou na escrita de guións para series audiovisuais e películas, ámbito no que centra o seu traballo profesional.

Comparte nas túas redes sociais ou por email