Presentación de UN CHAPEU NEGRO E UN NARIZ DE PALLASO. TRAS OS PASOS DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO en Arteixo
Participarán o autor do documental, Gonzalo Enríquez Veloso e o coprodutor do mesmo, Fran Naveira. En 'Un chapeu negro e un nariz de pallaso' escrito por Montse Pena Presas e acompañado do documental asinado por Gonzalo Enríquez Veloso, asistimos a unha presentación completa da vida e obra do autor homenaxeado este ano co Día das […]
Presentouse 'Rosalía Pequeniña'
Este luns presentouse no restaurante O Dezaseis de Santiago, o novo libro-disco de Uxía, 'Rosalía Pequeniña'. No acto, a cantante estivo acompañada de Magín Blanco, autor dun dos temas e do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Entre o público, tamén estaba presente Marina Seoane, a autora das ilustracións. A cantante de Mos reivindicou […]
Concerto de Mamá Cabra en Vigo
Este luns, ás 18.30 no salón de Ámbito Cultural do Corte Inglés de Vigo, na pranta segunda, o grupo de música infantil Mamá Cabra, ofrecerá un concerto co gallo do Día das Letras Galegas. A actividade está pensada para nenos e nenas ata os sete anos e cómpre recoller o convite no Departamento de Relacións […]
Entrega do Maio de Cor á Fundación Penzol
Este está a ser un ano importante para a Fundación Penzol. No ano do seu medio século de existencia, recibe recoñecementos en todo o país e, nomeadamente, na cidade de Vigo, onde sempre estivo a súa sede dende hai 50 anos. E así, desgta volta, será a protagonista da XXXI Representación dos Maios, que terá […]
'Vou ter un irmán!!!' premio Frei Martín Sarmiento
Este mércores, no colexio La Salle de Santiago, fixéronse públicos os gañadores da IX Edición do Premio Frei Martín Sarmiento, na categoría de 1º e 2º de Educación Primaria, resultando premiado o libro 'Vou ter un irmán!!!' de María Solar e Xosé Tomás. Estamos diante dun dos galardóns máis importantes do sistema literario galego polo […]
#rosaliasempreporque
Despois do éxito de participación do noso anterior concurso en twitter arredor de 'O Principiño' botamos a andar un novo concurso na rede de microblogging, desta volta, para conmemorar os 150 anos de 'Cantares Gallegos' de Rosalía de Castro que celebramos neste 2013. Como na vez anterior, todos os tuiteiros están convidados a enviar os […]
‘Morgana en Esmelle’, premio da AELG
O pasado sábado á noite celebrouse a Gala dos Premios da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. A novela de Begoña Caamaño, Morgana en Esmelle, recibiu o premio como Mellor Obra de Narrativa do ano 2012 en votación dos propios autores e autoras. Deste xeito, a novela de Caamaño recibe o seu cuarto […]
"Cabalo de Ouros" na Feira do Libro de Buenos Aires
Ofelia Grande, directora xeral de Siruela, e María Rosa Lojo, unha das novelistas de máis prestixio das letras actuais arxentinas, filla de galegos, acompañaron a Víctor F. Freixanes na presentación da novela "Cabalo de Ouros" na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires. A acto celebrouse na sala Lugones, nunha sesión moi concurrida e rodeado […]