"Cabalo de Ouros" na Feira do Libro de Buenos Aires

Categoría: Nova

Ofelia Grande, directora xeral de Siruela, e María Rosa Lojo, unha das novelistas de máis prestixio das letras actuais arxentinas, filla de galegos, acompañaron a Víctor F. Freixanes na presentación da novela "Cabalo de Ouros" na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires. A acto celebrouse na sala Lugones, nunha sesión moi concurrida e rodeado de caras amigas, entre elas algúns escritores e críticos arxentinos. Nas páxinas de "Infohispano", que acompañan a esta nota, dase noticia cumprida do evento.

Comparte nas túas redes sociais ou por email