Pombas e música para don Paco

Dentro dos moitos actos que neste 2013 se celebran en toda Galicia, este sábado, na Alameda de Vigo, fronte á estatua de Méndez Núñez, convócase a toda a cidadanía a participar nun acto de homenaxe a Francisco Fernández del Riego no que, ademais das intervencións de distintas personalidades, actuará o grupo A Roda e a […]

Presentación do libro XEÓRXICAS DO PAN de RAMÓN OTERO PEDRAYO

Este venres, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2. Vigo), ás 19:00, presentarase o libro XEÓRXICAS DO PAN, de Ramón Otero Pedrayo. Intervirán Francisco Domínguez (Director da Fundación Penzol), Manuel Forcadela e Silvia Penas do Equipo de Investigación da Universidade de Vigo, Víctor F. Freixanes, Director de Editorial Galaxia, Ernesto Pedrosa (Presidente do […]

Presentación de O FUTURO É POSIBLE na Coruña

O expresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, presentará as súas memorias políticas, tituladas O FUTURO É POSIBLE. O autor estará acompañado polo exdeputado e analista político Anxo Guerreiro e polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Emilio Perez Touriño (A Coruña, 1948) reúne en arredor de 450 páxinas semblanzas e documentos da súa experiencia […]

Segunda edición para os 'Bicos de música' de Mamá Cabra

'Bicos de música', como xa aconteceu cos outros traballos do grupo de música infantil Mamá Cabra, volve a pasar polo prelo para que poidamos fabricar máis exemplares para seguir satisfacendo aos milleiros de seareiros e seareiras que se achegan a este novo traballo cheo de cancións divertidas e propostas de baile e festa. En 'Bicos […]

Á lus da Esmorga

Estes días van chegando ás librerías as novas edicións de dous clásicos indispensables da nosa literatura que, a pesar dos anos e das décadas transcorridas, seguen a lerse coa mesma paixón de sempre. Referímonos, por unha banda, a 'Á lus do candil', no que Anxel Fole deita sobre nós un mollo de contos que nos […]

Pérez Touriño en Vigo

Esta vez foi na Casa do Libro, en Vigo, coa sala chea a rebordar. Un discurso europeista para explicar a crise (que o autor definiu como crise económica e institucional: sistémica) e, ao mesmo tempo, un repaso á experiencia política do goberno de coalición (PSdeG.PSOE-BNG) que Emilio Pérerz Touruñio presidiu na Xunta de Galicia entre […]

A quen lle prestan unhas orellas de Entroido?

Hoxe principia o Entroido en todo o país. Un tempo para agocharse detrás dunha carauta e pasalo ben. En Galicia, o Entroido ten características ben singulares, e unha delas é a perspectiva gastronómica. Porque este é tempo de agocharse tamén detrás dun bo lacón con grelos, unhas filloas e, como non, dunhas orellas de Entroido. […]

125 aniversario de Otero Pedrayo

Na Casa Grande de Cima de Vila, en Trasalba, reuniranse un total de 125 rapazas e rapaces. Estudantes do CEIP Mestre Vide de Ourense, do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro e do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa. As pequenas e pequenos, con idades comprendidas entre os 10 e os 12 anos, […]