Finou Xan Balboa

Durante a mañá do venres tivemos coñecemento da triste nova do pasamento do ilustrador Xan Balboa. O seu nome pasará á historia como un dos grandes da ilustración galega e, por suposto, totalmente pegado ao Lamote, ese personaxe inesquencible creado por Paco Martín. Para milleiros e milleiros de lectores e de lectoras, é imposible imaxinar […]

Saen á luz documentos inéditos sobre a vida de Piñeiro

Dentro das intervencións previstas no Congreso 'Ramón Piñeiro e o galeguismo', o investigador Xosé Manuel Dasilva ten un protagonismo especial por ocuparse da etapa da vida do autor de Láncara que vai do ano 1946 ao 1949, sen dúbida, anos interesantes da súa vida pois abranguen o intre da súa detención e encarceramento, e, sobre […]

O país dos mil ríos

A colección Guías de Editorial Galaxia achégase á cultura fluvial en Galicia da man de Xosé Lois Ripalda, un dos escritores galegos que mellor coñecen a cultura popular de nós. O libro O país dos mil ríos fornece unha descrición xeográfica das principais cuncas fluviais galegas e é un compendio de todo o que os […]

Os mellores de 2009

Esta semana a web 'Fervenzas Literarias', un dos lugares de referencia no que á literatura galega se refire, fixo públicos os resultados das votacións dos seus lectores e lectoras á pregunta de cales foran os mellores libros do ano pasado. A nosa editorial recibe galardóns en varias categorías, e tres primeiros premios. Por unha banda, […]

Acusación

Unha das primeiras novidades do ano no que á poesía se refire é 'Acusación', novo poemario de Xiana Arias Rego, á que todos coñecemos ben polo seu magnífico labor como xornalista no Diario Cultural da Radio Galega, e, dende hai moito, como poeta. En 'Acusación', Xiana Arias Rego explora os camiños da poesía como acusación. […]

Olga e o dinosauro

Breogán Riveiro é un dos grandes autores da literatura infantil e xuvenil dende a publicación do seu 'Tonecho de Rebordechao' que tantos miles de pequechos e pequechas galegos teñen lido dende que saíra hai xa uns cantos anos. As cinco edicións que levamos tirado do prelo desta obra así o demostran. Dende esta semana, podemos […]

'A praia dos afogados' cada vez máis internacional

A novela de Domingo Villar, publicada por Galaxia o ano pasado, leva o mesmo camiño de éxito internacional que a súa predecesora 'Ollos e auga', ambas as dúas protagonizadas polo inspector Leo Caldas e que transcorren en Vigo ou a súa bisbarra. Este camiño de éxito internacional para esta segunda novela do escritor vigués non […]

As primeiras follas do 2010

Este 2010 vai ser un ano prolífico en follas literarias de alta calidade. Para este ano que agora estreamos, a nosa editorial presenta interesantes novidades tanto nos eidos da literatura infantil e xuvenil como no ensaio ou a literatura de ficción para adultos. Así, a nosa editorial publicará en breve a obra de Carlos G. […]