Juan José Moralejo

A lamprea, Cultura Galega aínda viva ¡e que dure! e tamén veterana, como podedes ver na excelente noticia que Miguel nos dá de cómo nos moi centenarios latíns de catedrais e mosteiros estan bispos e condes, frades e reis, en acordos, desacordos e trasacordos por salmóns, sábalos e lampreas, por redes e por pescos, desde […]
María Barallobre

‘Tamanha laka safar saaid’ Foi certamente unha grata sorpresa descubrir cada un dos tesouros que conforman A choiva do mundo. Ir collida da man de Pacho Blanco polo "sentido do mundo sen sentido" e degustar "historias persoais que se erguen cara ao ceo e se espallan cunha forza que lles confire vida propia" na compaña […]
Francisco Castro

¡QUE ENVEXA! Había moito, en verdade moitísimo tempo que non gozaba tanto coa lectura dun libro como con esta revolución de Alfonso Álvarez Cáccamo. E como autor, o único que me queda é proclamar a miña envexa (agora quedará moi ben dicir iso de "san") diante da capacidade fabuladora do autor, que foi quen de […]
An Alfaya

Como todo álbum de interese, Unha chea de familias responde ao formato, onde a presenza das imaxes é fundamental. O libro entra polos ollos e polo tacto a través das ilustracións creadas con enxeño e mestría por Rodrigo Chao. Debuxos de trazos limpos e cores nítidas, co predominio das figuras humanas axigantadas e deformadas, de […]
Manuel Domínguez Rial

Hai moitos traballos escritos, aínda que non dabondo, pola importancia que a emigración representa en Galiza no socio-económico, no político ou no cultural, pero este, é un traballo esperado de profundo contido metafórico a partir de narracións autobiográficas de pacientes "relatos pechados, que non son capaces de dar conta de moita da riqureza experiencial da […]
Antón Riveiro Coello

Unha chiscadela lectora Temeroso de que alguén se cadra se poida asustar diante da monumentalidade enciclopédica da novela, non dubida o autor á hora de tecer, xa nas primeiras páxinas, unha arañeira que atrape o lector. Esa concesión, digámolo así, garda certo paralelismo con outra estratexia experimentada en Ébora, unha das novelas coas que Caneiro […]
Xosé Manuel Pacho

OBAOI A historia comeza coa aparición do corpo dun home asasinado nun tren. Homenaxe inequívoco ao xénero policial, pero no que Antón Risco permítelle ao lector facer súa a propia historia. Dende aquí, como se de raíces falasemos, nace a árbore da novela. Novela de escenarios tan diversos como París e Irún, Bos Aires e […]
Lois Caeiro

Non hai entre nós, penso, tradición de literatura memorialística nin tan siquera de contar desde a propia óptica personal experiencia ás que se asistiu como protagonista ou como obervador. Xa só por contribuir a romper esa barreira de carencia testimonial é importante este libro de Ceferino Díaz, referido ós días do "aldraxe", á longa e […]