O CCG súmase ás críticas ao Decreto

O Consello da Cultura Galega vén de pronunciarse en contra das Bases para o Decreto de Plurilingüismo que a Xunta de Galicia está a someter a consultas entre distintos sectores da vida social, sindical e educativa. Había moito tempo que a sociedade galega non se activaba arredor do idioma coma nos últimos tempos, logo da […]
Lembrando a Anisia Miranda

Arredor de seiscentas persoas, co salón do auditorio do concello de Vila de Cruces cheo ata os topes, os veciños da vila, xunto cunha cumprida representación de autoridades e personalidades da cultura galega, homenaxearon a memoria da escritora Anisia Miranda, veciña de Gres, filla adoptiva do concello do Deza, e en homenaxe tamén á figura […]
A exposición RAMÓN CABANILLAS. A ROSEIRA DOS RECORDOS chega á Coruña

Editorial Galaxia, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Consello Regulador D. O. Rías Baixas e o Concello da Coruña organizan esta exposición que percorre a figura e a obra de Ramón Cabanillas e que xa se puido visitar en Vigo e Cambados. O acto desta […]
Presentación en Lugo da OBRA COMPLETA DE LUIS PIMENTEL

O acto contará coa participación de Benxamín Casal, vicepresidente de Galaxia, e Araceli Herrero, editora da obra. Por primeira vez, publícase a Obra completa do poeta Luís Pimentel. Nun único volume e en edición ao coidado da profesora Araceli Herrero Figueroa, unha das grandes especialistas na obra pimenteliá, inclúese a súa poesía en galego e […]
Xosé Monteagudo presenta UN TIPO LISTO en Moraña

Nesta presentación da novela gañadora do Premio García Barros 2009 participan Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, Marcos Seixo, escritor e ensinante, e o autor, Xosé Monteagudo. Un tipo listo iníciase coa morte do director dunha sucursal bancaria de Vigo. A aparición do cadáver leva á descuberta dun desfalco de grandes proporcións. Os dous […]
'Todas as mulleres bailamos co mar'

Rodeada de amigos e lectores e lectoras, a escritora Alicia Borrás presentou onte en Vigo o seu novo libro 'O mar é noso'. Abriu o acto o Coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, o escritor Francisco Castro quen explicou que 'se escribir é un xeito de mirar a realidade, este volume nace coa ollada […]
Presentación de "O mar é noso" de Alicia Borrás

Esta tarde, a partir das 20 horas, a escritora e actriz de dobraxe Alicia Borrás presenta o seu primeiro libro na colección Costa Oeste, O mar é noso. No acto estará acompañada polo escritor Antonio García Teijeiro e o coordinador de novos proxectos da Editorial Galaxia, Francisco Castro. Nesta nova obra, Alicia Borrás agasállanos cun […]
Miguel Barros presenta en Ourense o ensaio sobre Piñeiro

Miguel Barros presenta o seu ensaio Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo. Estará acompañado neste acto por Xosé M. Soutullo, director de produción de Galaxia, Luís González Tosar, poeta, e José Manuel Baltar Blanco, presidente provincial do PP. A obra de Miguel Barros revélase como un texto esencial para entendermos en todas as súas […]