O Consello da Cultura Galega vén de pronunciarse en contra das Bases para o Decreto de Plurilingüismo que a Xunta de Galicia está a someter a consultas entre distintos sectores da vida social, sindical e educativa. Había moito tempo que a sociedade galega non se activaba arredor do idioma coma nos últimos tempos, logo da chegada do PP ao goberno galega e as propostas de mudanzas no modelo educativo do idioma.
O Consello da Cultura Galega, ao igual que a Real Academia Galega, avoga pola recuperación do consenso arredor dun dos valores fundamentais de calquera sociedade: a súa propia lingua.
Dende aquí aquí podedes acceder ao Ditame elaborado polo CCG.
Unha manifestación máis das institucións galegas en contra do decreto da Xunta de Galicia.