Presentación en Ourense da nova GRIAL

Mañá, ás 20 horas, no Centro Cultural da Deputación de Ourense, Víctor F. Freixanes, codirector da revista, Dolores Vilavedra, coordinadora do número, e os colaboradores María López Sández, Xosé Manuel Dasilva e Bieito Iglesias, protagonizarán a presentación do novo número da revista GRIAL que nesta ocasión centra o seu interese na análise, medio século despois, […]
O punkivermiño pasea por Galicia

Esta fin de semana tivo lugar na Galería Sargadelos de Ferrol o primeiro dos moitos actos que a poeta Yolanda Castaño e o ilustrador Eduardo Hermida van desenvolver arredor do libro 'Punver de volta' que vimos de editar na nosa colección Os Duros. Podes consultar todas as sesións de animación na nosa Axenda desta web. […]
'A esmorga' de Sarabela Teatro, candidata aos Max

A compañía ourensá Sarabela Teatro foi seleccionada como candidata a obter o premio Max ao mellor espectáculo revelación de teatro pola Esmorga de Eduardo Blanco Amor. Este importante recoñecemento chega nun acto crucial para o autor ourensán, ao se cumprir 50 anos da aparición da novela. A través desta categoría, a SGAE -promotores dos premios- […]
Presentación de UN TIPO LISTO na Pobra do Caramiñal

A Asociación Cultural Barbantia organiza esta presentación da novela Un tipo listo, de Xosé Monteagudo, Premio García Barros 2009. O acto contará coa participación de Víctor F. Freixanes, director da Editorial Galaxia, Antón Riveiro Coello, presidente de Barbantia, Xosé Ricardo Losada, secretario de Barbantia, os socios da entidade, María Xesús Blanco e Xerardo AgraFoxo e […]
Por certo

Unha recente investigación na Universidade de Krusne Hory Sul (KHSUn), na República Checa, demostra que os nenos que len teatro son adultos máis intelixentes, serenos e empáticos; e viceversa. Outra, feita hai anos polo mesmo grupo de estudo multidisciplinar, asegura que ler mentiras é saudable. Ler literatura, por tanto, ha de ser algo así como […]