O punkivermiño pasea por Galicia

Categoría: Nova

Esta fin de semana tivo lugar na Galería Sargadelos de Ferrol o primeiro dos moitos actos que a poeta Yolanda Castaño e o ilustrador Eduardo Hermida van desenvolver arredor do libro 'Punver de volta' que vimos de editar na nosa colección Os Duros. Podes consultar todas as sesións de animación na nosa Axenda desta web.

Mañá, ás 18 horas, na Biblioteca Nova 33 de Compostela, autora e ilustrador contarán esta nova historia dun punkivermiño que xa coñeciamos polo primeiro dos libros titulado, precisamente, 'Punver'.

Que se preparen os pequenos e pequenas de Galicia se queren coñecer un chisco mellor a este chusqueiro personaxe que xa forma parte do corazón de moitos pequenos lectores e lectoras.

Comparte nas túas redes sociais ou por email