A compañía ourensá Sarabela Teatro foi seleccionada como candidata a obter o premio Max ao mellor espectáculo revelación de teatro pola Esmorga de Eduardo Blanco Amor. Este importante recoñecemento chega nun acto crucial para o autor ourensán, ao se cumprir 50 anos da aparición da novela.
A través desta categoría, a SGAE -promotores dos premios- perseguen promover e reivindicar aquelas montaxes, habitualmente de alcance máis limitado, ao se representar só nas diferentes comunidades lingüísticas, que pola súa singularidade artística e a súa achega renovadora son merecedores de recoñecemento.
Esta adaptación renovada da obra de Blanco Amor foi estreada pola compañía en setembro do pasado ano, aínda que Sarabela xa presentara, hai dez anos, outra versión da obra.
A peza teatral está dirixida por Ánxeles Cuña.
Agardamos de corazón que a nominación se convirta en premio.